Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O PP, con Almuiña, asumirá Urbanismo en Baiona

O PP, con Almuiña, asumirá Urbanismo en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

M. Moralejo - La voz de Galicia Socialistas y nacionalistas afirman que se van satisfechos con el trabajo realizado

O novo tripartito que gobernará Baiona a partir do próximo dia 23 fará público ese dia, no pleno que se celebrará ás doce do mediodía, o reparto de competéncias.

A falta desa confirmación oficial xa está definida unha primeira distribución de concejalías.

O PP, que ten a maioria de concellais (cinco), se ficará con Cultura, Mocidade e Urbanismo. Todo apunta a que sexa o próprio alcalde, Xesus Vázquez Almuiña o que asuma esta ultima.

Os dous edis de Coalición Miñorana repartiránse Vias e Obras e Deportes. Manuel Vilar asumiría a primeira e Miguel Pérez, fariase cargo de Desportes e Actividades Marítimas, responsabilidade que xa exerceu durante os doce anos de mandato de Vilar e desde os últimos seis meses.

 A portavoz socialista no Concello de Baiona, Isabel Domínguez, atribuiu a moción de censura a unha "maniobra do PP de cara ás próximas eleccións autonómicas'', e segurou que os populares "están a buscar outra vez'' a unidade dos sectores divididos no partido e acabar asi coa "a guerra entre boinas e birretes''. A portavoz socialista manifestou a surpresa que lle causou esta decisión, xa que ao seu xuízo, o pacto que mantiñan co independente Manuel Vilar estaba "funcionando perfectamente e non existia nengun tipo de problemas'' de gobernabilidade.

 Pola sua parte, o portavoz dos populares, Xesus Vázquez, argumentou que a sua agrupación decidiu presentar a moción polo estado de "desgobierno que vive este município desde fai ano e medio''. Vázquez lembrou que os socialistas chegaron á alcaldía de Baiona sendo a segunda forza mais votada, por detrás do PP.

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, explicou a moción porque Baiona "ten un goberno inestable'' derivado dun "grande número de partidos en coalición''. O seu desexo é que "saia o mellor para Baiona''.

www.lavozdegalicia.es
www.elcorreogallego.es