Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Adjudicadas as obras de mellora do vial de Sabarís a Tomiño

Adjudicadas as obras de mellora do vial de Sabarís a Tomiño

Correo-e Imprimir PDF
A Diputación de Pontevedra acometerá durante as próximas semanas as obras de ensanche e mellora do pavimento da estrada de Sabarís a Tomiño, entre os quilómetros 17 e 20, segundo informou onte Jesus Vázquez Almuiña. O orzamento desta intervención é de 200.000 euros e o prazo estimado de ejecución duns catro meses.

A demora no comezo dos traballos desta estrada que une as paróquias de Santa Cristina con Tomiño a través de Viso de Calvos foi a suspensión de pagos que sofreu a primeira empresa adjudicataria.

En aras da defensa do interese público e coa finalidade de que as obras se leven a cabo con rapidez, a comisión de goberno provincial realizou unha nova adjudicación.

«Con esta actuación se demostra a aposta asine da Diputación en mellorar as infra-estruturas básicas de Baiona en concreto e da província en general», comentou onte Xesus Vázquez Almuiña.

www.lavozdegalicia.es