Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Policia de Baiona precintou equipos de música en 9 locais en dous meses

A Policia de Baiona precintou equipos de música en 9 locais en dous meses

Correo-e Imprimir PDF

Bibendum , Villa Rosa , Punta Balea, Populus, Sirius e Convento

O sonómetro adquirido este verán polo departamento de Seguridade Cidadá de Baiona traballou a pleno rendimento. ao longo de xullo e agosto, a Policia Local precintou as equipas de música en nove locais de copas da vila, dous deles reincidiron en exceder o volume permitido pola Ordenanza Municipal de Emisón de Ruídos.

Ver discusión sobre este tema no foro>>

Esta proliferación de medidas cautelares corresponde á intención por parte da Xunta Local de Seguranza de corrixir o exceso de ruídos denunciado en reiteradas ocasións por viciños do casco antigo e das avenidas Monterreal, Elduayen e Ramón e Cajal. Asi o segurou onte o concellal de Seguridade, Xosé Enrique Fernández.

Os precintos se colocaron en locais de ditas zonas e mantiveron-se durante sete dias en cada un dos estabelecementos. no caso das reincidintes, a selada das equipas de música prolongou-se durante quince dias.

Estas sancións levanse a cabo tras avisar aos proprietários. "Non precintase á lixeira. Primeiro apercíbese de palabra, seguídamente notifícase que se detectou un exceso de volume na música e, se non fan caso, procédese a precintar", explica Fernández.

Durante o último fin de semana, a Policia Local precintou as equipas de música de Bibendum e Villa Rosa e apercibiu aos locais Punta Balea, Populus, Sirius e Convento. Ainda que o proprietário de Villa Rosa aseguraba onte que houbo un erro na sanción, polo que se lle retirara o precinto, Fernández insistiu en que o local non poderia emitir música en sete dias.

Controversia

Estas sancións erguen ampollas entre alguns empresarios do sector. Mentres uns consideran que as sancións policiais perxudican ao turismo de Baiona, outros apoian o cumplimento da normativa, que estabelece un máximo de 90 decibelios no interior dos locais, 30 nas vivendas próximas e 35 na rua. O presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), Luis Corbacho, sinala que "é preciso que se cumpla a lei, pero os gobernantes deberian mostrar man esquerda durante o verán para non horrorizar aos turistas".

www.farodevigo.es