O BNG de Baiona criticou onte nun comunicado os acordos alcanzados no pleno realizado onte en Baiona.
O goberno municipal acordou fixar unha zona azul de aparcamento gratuíto nas rúas Carabela Pinta (Baiona) e Julián Valverde en Sabarís.
O portavoz do BNG, Iago Pereira, denunciu onte nun comunicado un novo "bloqueo do acceso" aos veciños que pretendían asistir ao pleno, pese a que a plataforma de afectados polas preferentes non acudiron á cita e o cartel de "completo" non coincidía exactamente co número de bancadas libres no salón de plenos.
Pereira manifestou que o pleno aprobou a nova normativa de estacionamento a Avda. Julián Valverde en Sabarís, e a rúa Carabela Pinta en Baiona cunha limitación de 1 hora de estacionamento en ambos casos, pero coa diferencia en que na rúa Baionesa esa limitación non terá efecto durante os fins de semán, mentres que en Sabarís non haberá excepcións.
A asociación de empresarios COEMSA de Sabarís, Asoc. Encaixamos Val Miñor, AVV Castro Laderia pediron durante o período de alegacións a nova ordenanza que a limitación de estacionamento non tivese efecto durante os domingos e festivos dado o perxuizo que supón para visitantes como para residentes. Pero o concello só adoptou esta salvedade para o caso da rúa do centro baionés.
O control do cumprimento do estacionamento será levado a cabo pola Policía Local, que xa intensificou os controis durante estes días, no que algúns xa bautizaron como o "BAIdeMultas" en alusión á cita gastronómica.
O goberno local rexeitou a proposta de utilización dos discos da hora utilizados en concellos como Tui ou A Guarda, onde os usuarios establecen a hora de chegada e un comrpromiso de saída que soen cumrprir sen que teña que mediar policía ou empresas externas para o controla da famosa ORA.
As grandes superficies poderán abrir todos os domingos de xullo e agosto.
Así o acordou o goberno local, onde as áreas comerciais de más 300 m2 poderá abrir as súas portas todos os domingos de xullo e agosto. Para o BNG esta decisión vai perxudicar ao pequeno comerzo xa que a medida só abarca ás grandes superficies actuais que son Eroski e Carrefour. Manifestan que a propia asociación de empresarios ACEBA amosaron o seu descontento sobre a decisión. Para o goberno municipal a liberalización será beneficiosa para os comerciantes.
Galardóns e distincións de honra da vila.
O pleno aprobou tamén a relación de nomes para as distincións de lazos de honra, Carabela d'Ouro, e nombramento do fillo Prefilecto da Vila. Tamén acordou o bautizado da nova estación marítima. O BNG denuncio tamén a actitude "antidemocratica" do goberno popular "logo de non consensuar coa oposición ningún dos nomeamentos".