Mércores, 17 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG denuncia a festa anual para maiores de Baiona como un acto caciquil e “de inserción relixiosa”.

O BNG denuncia a festa anual para maiores de Baiona como un acto caciquil e “de inserción relixiosa”.

Correo-e Imprimir PDF
maiores

-Os concelleiros do BNG non concorreron ao xantar para maiores organizado polo alcalde de Baiona.
Acusan ao alcalde Jesús Vázquez Almuíña de quebrar o principio de Estado aconfesional ao programar unha misa católica nos actos oficiais do "xantar para maiores" organizada pola Concellaría de Benestar que dirixe persoalmente. Agregan os nacionalistas que a pesar do interese dos comensais pola xornada gastronómica, "son tempos de dificultades", e o investimento para este agasallo a 600 persoas é un "despropósito", en tempos onde os servizos sociais de Baiona ten cada día máis demanda.

A festa anual que a administración local ofrece ás persoas maiores radicadas no concello tivo lugar este xoves 30 de maio nas instalacións do restaurante Rocamar. A actividade comezou cunha misa católica na igrexa ex colexiata de Baiona, dende onde foron trasladados ao establecemento hostaleiro. Alí xantaron e bailaron no resto do día.
Os concelleiros do BNG non asistiron pois denuncian que a pesar cos maiores "agardan con impaciencia este xantar" estes actos están sustentados na política "caciquil e populista" do rexedor "que hoxe ponse en cuestión máis que nunca".
Os nacionalistas sinalan que con esta liña de actuación en materia social o Partido Popular que goberna Baiona, "continúa co seu avanzo cara a quebra total dos máis elementais principios democráticos". Nese senso, sinalan a falla de democracia na xestión, "caciquismo e inserción relixiosa na sociedade civil".