A rúa Julián Valverde espertou outro luns pechada ao tráfico de vehículos. A avaría da nova estación de bombeo segue sen atopar o debido arranxo e os comerciantes deben asumir unha xornada máis de perdas ante a ausencia de viandantes pola zona. Mentres o tradicional mercado se mantén afastado da rúa céntrica –por case un ano polos devanditos traballos de humanización – decenas de pequenas empresas resignan os ingresos que os días luns acadaban pola concentración de clientes que visitaban as instalacións.
A humanización da Rúa Julián Valverde debía estar rematada en xaneiro deste ano, "pois ben, estamos entrando a maio e non ten pasado unha semana sen que os veciños e comerciantes se viran afectados por cortes de tráfico", sinalaba a presidenta de COEMSA, Pilar Loperena un mes atrás. A voceira agregaba que a situación fai medrar a preocupación e "desesperación" do sector xa que está a piques de comezar a temporada alta na zona "e a obra sen entregar".
Motivos da avaría.
Non quedan claros os motivos da avaría pero algunhas fontes consultadas por Valminor.info a principios de mes, sinalaban que o problema é un defecto construtivo no estanque da nova estación de bombeo. A bomba estaría facendo vacío no interior do tanque provocando grietas e a rotura das paredes de poliéster do tanque. Aínda que oficialmente non existe información algunha nin da empresa nin do concello.
A caseta de obra instalada de novo ao pé de obra denotan que o problema non se trata de algo puntual. Outras fonte sinalan a unha saturación da bomba por non estar separadas correctamente as augas pluviais e fecais. O cheiro desta zona de Sabarís resulta insorpotable nalgúns momentos do día.