Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona As probas confirman que a meniña de Belesar morreu por meninxite bacteriana

As probas confirman que a meniña de Belesar morreu por meninxite bacteriana

Correo-e Imprimir PDF

As probas analíticas realizadas á nena de 12 anos de Belesar que faleceu hoxe no Hospital Xeral de Vigou, onde ingresou o pasado sábado en estado moi grave, confirmaron que se trata dun caso de meninxite bacteriana, segundo fontes sanitarias ainda que precisaron que non se pode falar de brote da enfermidade, xa que os datos estatísticos da comunidade galega presentan varios casos ao ano.

Segundo sinalaron, o cultivo da mostra tomada deu un claro positivo, polo que non foi necesario remitilo ao centro de Majadahonda especializado neste tipo de probas.

A Consellería de Sanidade activou o protocolo de prevención entre os familiares directos e compañeiros de clase e de actividades extraescolares do colexio de Belesar onde estudaba a meniña, aos cales xa se lles forneceu un tratamento de quimioprofilaxis.

As autoridades sanitarias, déron xa instrucións aos pediatras da comarca do Val Miñor de que ante o menor síntoma detectado entre os contactos directos da nena os deríven a un centro hospitalario más cercano.

O colexio Belesar de Baiona onde estudaba a nena prosegue hoxe a súa actividade con normalidade, aínda que os pais de cinco dos compañeiros de aula da vítima decidiron non enviar aos seus cativos a clase.