Por segundo ano consecutivo a Concellaría de Turismo do Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) organizan o II concurso de tapas "BaideTapas" por Baiona, que se celebrará desde o 18 de abril até o 19 de maio. Na presente edición aumentou a 31 o número de locais adheridos ao programa, 12 máis que na pasada campaña.
Tras o éxito da pasada edición, na que se despacharon algo máis de 20.000 tapas, os organizadores decidiron repetir a experiencia, fixando os mesmos obxectivos: pór en valor a gastronomía de Baiona a través da cultura do tapeo, elaborando unha ruta na que se incentive a degustación de tapas, así como motivar ao empresario na súa elaboración. Outro dos fins é institucionalizar na primavera a cita gastronómica.
Os máis de trinta establecementos participantes distribuídos por todo o municipio elaborarán un total de 67 tapas diferentes que servirán a un prezo popular de 2 ?. Ademais, se se combina cun viño do patrocinador da campaña, Quinta de Dores e d'berna, o prezo será de 3?5 ?. Dende o concello sinalan a aposta firme da concelleira de Turismo, María Igrexas, nesta iniciativa.
Entre os consumidores que voten as tapas, e consigan un mínimo de 5 selos, sortearanse máis de 30 premios como ceas, vales de degustación, lotes de viño, ademais dun primeiro premio dun tablet iPAD retina.
A tapa que consiga unha puntuación media máis alta levará o "Premio á Mellor Tapa 2013", que o ano pasado conseguiu a "Cunca de chocolate amargo con xeado de vainilla" elaborada polo Pazo de Mendoza.
Os establecementos participantes nesta edición son os seguintes: A Viña Jamonería, Arce Hotel Cafetaría, Bacco's, Bibendum, Bitácora, Adega Estrela Baiona, Café-Bar Begoña, Café Cerchas, Cafetaría Monterrey, Cervecería-Restaurante O Tranvía, Gastrobar Gordo, A Boquería, La Crep, A Pasta Gansa, A Real, Mesón A Trastenda, Mesón Asador Casa Soto, Masón Jamonería Fidalgo, Mesón Fonte de Zeta, Parador de Turismo de Baiona, Pazo de Mendoza, Pizzaría -Tapería O Patio, Restaurante Tapería O Rizón, Restaurante Moscón, Restaurante Naveira, Senlleiro, Taberna A Capela, Tapería Acuarela, Tapería O Rincón, O Túnel Bayona e Vagalume.