Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O goberno de Baiona elimina os nomes franquistas das ruas

O goberno de Baiona elimina os nomes franquistas das ruas

Correo-e Imprimir PDF
O goberno de Baiona aprobou no pleno de onte unha actualización do rueiro municipal que contempla a eliminación dos nomes relacionados coa ditadura de Franco e a sua substitución polos topónimos que os veciños utilizaban antigamente. Desta forma, o tramo de Sabarís coñecido como Calle del Geralísimo pasará a denominarse Rúa dás Areas desde o seu início até o rio Quirincova. O traxecto comprendido entre ese ponto e o rio Groba pasa a chamarse Porta dó Sol. Tamén modificase o camiño de Cristo Rey, que se chamará de Quirincosta e a Calle José Antonio Primo de Rivera, ubicada no casco histórico, voltará a ser Rúa do Relóxo.

Por outra parte, as novas ruas do polígono dos Tendais terán nomes de paises latinoamericanos.

Ler nova completa da Voz de Galicia