Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Quintas critica a falta de xestión para potenciar o turismo en Baiona.

Quintas critica a falta de xestión para potenciar o turismo en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

O portavoz de VIB afirma que o goberno non aproveitou o tirón do Xacobeo. O ex-alcalde censura que se perdesen os lazos que existian co veciño Portugal.

O portavoz de Veciños Independintes de Baiona, Benigno Rodríguez Quintas, realizou onte un balance negativo do primeiro ano do goberno de Luis Carlos de La Peña.

O ex-alcalde criticou que a coalición non dese continuidade ás iniciativas emprendidas durante o seu mandato que contribuiron a potenciar a actividade turística. Ficaron sen efeito as xestións por seguir estreitando lazos con Portugal ao non programarse a terceira nen a cuarta edición da semana cultural dedicada ao país viciño. En opinión de Quintas, tamén se desperdició o protagonismo de Baiona no club de municípios da España Verde. Outro exemplo da falta de xestión é, a xuízo deste portavoz, a imposibildad de que a réplica da Carabela Pinta estivese totalmente reparada e de novo ubicada na baía de Baiona, tras levar un ano varada e sen amaño algun nos estaleiros de A Guarda. deste modo, non está operativo un dos monumentos mais visitados e rendables do Concello.

Ler noticia completa da Voz de Galicia