Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Vertidos na Concheira

Vertidos na Concheira

Correo-e Imprimir PDF

Os vertidos que alarmaron durante o domingo a numerosos bañistas da praia da Concheira provienen do entorno de Aral-Fontiñas. Segundo a concellala de Urbanismo de Baiona, Isabel Domínguez, tratase de augas pluviais procedintes dos sistemas de bombeo da zona, ainda que ainda non está determinado o punto exacto.

A parte rochosa do arenal da Concheira rexistraba o domingo ás 7.00 horas o primeiro vertido. Ante as queixas dos usuários, o goberno local solicitou análise das augas e, xunto a efectivos do Seprona, inspeccionou as canalizacións de pluviais para determinar que proviñan de algun dos bombeos dos baixos da zona.

Isabel Domínguez e o concellal de Vias e Obras, Xosé Enrique Fernández, aseguraron onte que o estudio revela que simplemente se trataba de auga misturada con terra e lama, "de aí a sua cor moura", explicaron.

Os operários do concello baionés baixaron onte ao entronque das canalizacións dos Tendais e Marqués de Quintanar. O seu obxectivo era averiguar se se retiraran as táboas que impedian o paso das augas procedintes dos Tendais. Ao parecer, si desapareceu dita barreira, polo que a restituiron para continuar hoxe coa inspección. Isto quere dicir, segundo Domínguez, que "os vertidos foron intencionados e producironse a horas sospeitosas, ás 7.00 e ás 23.30 horas".

Asimismo, limparonse as canalizacións da zona. "deste modo, se se volta a verter auga e sai limpa saberemos que proviña deste entorno", explica Domínguez. Se non é asi, o concello limpará a praia e seguirá investigando, engade Domínguez.


Almuiña exixe que se mostren as análise das augas 
 
O porta-voz do PP de Baiona, Xesus Vázquez Almuiña, criticou onte a resposta do equipo de goberno ante este problema. Segundo o portavoz dos populares, "deben mostrar as resultados das análise das augas para tranquilizar aos bañistas". En todo caso, Vázquez Almuiña considera que os responsables do concello deberian ter proibido o baño até ter constancia de que estas augas non serian prexudiciais para a saúde. .

Asimismo, o grupo municipal do PP exixe ao goberno local que aclare cuál é a orixe de dito vertido e cais son os problemas xurdidos nas cañerías que conectan dos Tendais coas ruas Palos de la Frontera e Marqués de Quintanar.

Fuente www.farodevigo.es