Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Louzán e Almuíña supervisan as obras de remodelación da ´Praza de abastos de Sabarís

Louzán e Almuíña supervisan as obras de remodelación da ´Praza de abastos de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Rafael Louzán e Jesús Almuíña percorren a Praza de abastos de Sabarís

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, supervisaron hoxe as obras de remodelación da praza de abastos de Sabarís e a ampliación do Centro Cultural e Veciñal de Belesar. A Deputación inviste en ambas actuacións 482.035 euros do Plan de Investimentos (PID). No mercado de abastos concretamente, a entidade provincial acomete obras de reforma e rehabilitación co obxecto de garantir as condicións hixiénico-sanitarias dos postos de venda, así como o cumprimento da normativa de seguridade alimentaria. Segundo comentou o rexedor municipal “a reforma interior do mercado de Abastos de Sabarís era unha necesidade prioritaria, xa que o edificio presentaba múltiples e importantes deficiencias a causa da súa antigüidade”. Nesta obra a Deputación inviste 254.271,72 €.

Así, os traballos realizados no edificio multiúsos-praza de abastos consistiron na impermeabilización do pavimento na zona do mercado para evitar filtracións e no remate da pranta semisoto na que se instalarán aulas de formación e zonas de almacenaxe. Acometeuse a reubicación dos postos de venta nun novo emprazamento e a conseguinte instalación dos servizos de fontanería, saneamento e subministro eléctrico para o correcto desenvolvemento da súa actividade. Concretamente proxectáronse dous postos fixos de carnicería provistos de cámara frigorífica propia; tres postos de pescadería con cámara frigorífica de uso común; e dous postos de frutería (os postos poden variar en función das necesidades ou concesións). Tamén se substituíron os aseos existentes.

A actuación no mercado de Sabarís estendese tamén o exterior das instalacións, onde se procederá a recuperación e asfaltado dunha zona agora infrautilizada para destinala a aparcadoiro público.

Centro cultural.

No caso do Centro Cultural e Veciñal de Belesar o investimento achegado pola entidade provincial ascende a 227.764 euros. Os traballos teñen por obxecto a ampliación das instalacións, a dotación de novas aulas e servizos e dun novo espazo para o ocio e a relaxación. Para elo estase a construír un novo edificio que quedará unido ao existente por una pérgola exterior na fachada principal. Deste xeito ámbalas dúas construcións quedarán comunicadas e o mesmo tempo poderán funcionar de xeito independente. O remate das obra está previsto para o vindeiro mes de setembro.

Vázquez Almuíña puxo de manifesto que este centro de Belesar acolle unha gran actividade cultural e veciñal. Neste senso Louzán afirmou que ó remate destas obras “A ampliación realizada posibilitará que os veciños dispoñan de maior espazo para que poidan desenvolver as súas inquedanzas intelectuais, culturais, e de ocio con normalidade”.