Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona: O Concelleiro Manuel Vilar anuncia o seu afastamento da política activa.

Baiona: O Concelleiro Manuel Vilar anuncia o seu afastamento da política activa.

Correo-e Imprimir PDF
O concelleiro Manuel Vilar de Coalición Miñorana anunciou esta mañá o seu afastamento da vida política logo de 25 anos de servizo activo. Vilar é o 1º Tenente Alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Medio Ambiente, Alumbrado Público e Relacións cos Pobos Irmáns do Concello de Baiona. Ademais deste anuncio, Vilar fixo unha declaración expresa de apoio á candidatura de Jesús Vázquez Almuiña e ao PP de cara ás eleccións de maio. Vilar que co seu voto deu a maioría absoluta ao goberno do PP na actual administración do concello, exhortou a votar aos populares nos próximos comicios na procura dunha "maioría absoluta". Xunto a Vilar estiveron presentes o alcalde Jesús Vázquez Almuiña e o presidente provincial do PP Rafael Louzán.