Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG quere a Baiona desnuclearizada.

O BNG quere a Baiona desnuclearizada.

Correo-e Imprimir PDF
baiona-atomica

O Bloque Nacionalista Galego de Baiona presentou por rexistro unha moción de acordo para declarar ao concello de Baiona "zona desnuclearizada". A iniciativa inclúe unha adhesión expresa da corporación municipal ao Acordo do Parlamento de Galicia de 6 de setembro de 2006. A proposta motivada na ameaza nuclear que afecta a Xapón nestas datas, tamén lembra que o "pobo galego tense manifestado historicamente contra os intentos de instalar centrais nucleares no noso País" e rexeita de forma expresa calquera intento de" localizar no territorio galego un cemiterio nuclear ou depósitos de almacenamento de residuos nucleares."

O portavoz nacionalista Xosé Enrique Fernández agregou que a adhesión á declaración do parlamento de 2006, tamén implica a "prohibición de que en Galiza se constrúan centrais nucleares", así como continuar "co impulso de políticas de aforro e eficiencia enerxética, ademais de incrementar o uso de enerxías renovábeis no noso modelo enerxético." A moción será debatida no próximo pleno municipal do mes de abril.