Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A natureza desde a escola

A natureza desde a escola

Correo-e Imprimir PDF
Baixo o título â?? A natureza desde a escolaâ??, o Distrito Forestal do Baixo Miño ven de instalar no Colexio Fontes de Baíña (Baiona) unha xigantesca  maqueta, na que se representan os distintos  tipos de ecosistemas forestais.

A visita, guiada polo axente forestal Antonio, versou sobre as distintas formas de vida na natureza e os beneficios que reporta ó ser humano, completándose cunha proxección de diapositivas, do proxecto â??O noso monte fonte de vida, protexeoâ??.

O principal obxectivo da charla era inculcar nos alumnos o amor hacia a natureza e o antagonismos que existe entre a fonte de vida que proporciona a mesma e a destrucción producida por axentes naturais e a acción destructora do home: incendios, furtivismo, ...

A continuación visitaron unha  exposición das ferramentas empregadas polo home ó largo da historia relativas tanto á conservación como a destrucción do bosque e artiluxios legais e ilegais de caza empregados a través do tempo.

Desta actividade, de carácter didáctico-expositiva e gratuíta, dirixida a todos os centros escolares do Val Miñor, participaron, entre outros, os alumnos do Colexio de Mallón, transportados con cargo ás arcas do Concello de Nigrán.

Estas visitas  considéranse de alto interese porque axudan a fomentar no alumnado ó coñecemento pola natureza á que hai que amar e respectar coma o máis entrañable dos monumentos.

Por Antonio Díaz Lombardero