Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Programa de Actos da Arribada 2004

Programa de Actos da Arribada 2004

Correo-e Imprimir PDF

A celebración en Baiona de actos conmemorativos da Arribada da carabela Pinta á real vila remóntase a tempos inmemoriables. Numerosas pegadas dannos testemuño da importancia que as xeracións pasadas deron a este feito histórico.

Este  é o  programa  de actos para esta nova edición

 

Venres, 27 de febreiro de 2004

10:00 hDoce disparos dende a fortaleza anuncian o comezo dos actos.
Revista á ambientación, atrezo e traeres medievais.
11:30 hDiana, alborada e pasarúas da Banda Municipal de Música de Baiona.
12:30 hNa praza do Concello recíbense ás Autoridades e convidados ós actos Conmemorativos do 511 aniversario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona.
12:45 hSaída en comitiva das autoridades ata o Paseo Pinzón onde terá lugar a ofrenda a Martín Alonso Pinzón.
13:00 hNo Paseo Pinzón, actos de exaltación diante do monumento a Martín Alonso Pinzón.

-Intervención de Autoridades
-Ofrenda de coroas
-Interpretación de Himnos
-Disparo de salvas polos canóns da fortaleza
- Actuación e desfile da Banda de Música de Baiona

20:30 hCapela de Santa Liberata concerto de Habaneras polo â??Coro de Homes Voces Baionesasâ??.
24:00 hVela. Gardiáns e escoitas nas torres, portas e poxigos velarán o atrezo ata o mencer.