Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Un ´monte´ de terra a debate

Un ´monte´ de terra a debate

Correo-e Imprimir PDF
Os atentados ecolóxicos no monte multiplícanse na comarca miñorana e os seus prexuízos resultan indiscutibles. O espazo comunal de Baíña non é alleo ao fenómeno e rexistra numerosos amontoamentos de terra na súa superficie. Sen dúbida, un deles destaca polas súas inmensas dimensións. Trátase do situado na zona da Peniza, preto do límite co área forestal da parroquia de Baiona. A súa magnitude permite aos veciños e visitantes contemplar a súa atrocidade desde puntos tan afastados como praia América. A controversia sobre o asunto está servida. Mentres numerosos veciños denuncian a existencia do relleno, a comunidade de montes deféndeo para a ejecución dunha pista forestal que cualifican de "imprescindible".

As queixas chegaron á Xunta e a Consellería de Cultura mantén paralizada a actuación dos comuneros, quen aseguran que retirarán a terra e restituirán a legalidad en canto paguen a sanción do Executivo galego, en torno aos mil euros. A multa foi imposta no primeiro cúmulo que se produciu na zona, con terra procedente da excavación para a construción do aparcamiento subterráneo do Aral, en Baiona. Fai poucos meses que os técnicos da Consellería de Cultura regresaron á zona para confirmar que o relleno crecera e anunciaron unha nova pena económica.

Continúa no Faro de Vigo