Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona organiza unha saída ó Aquapark de Cerceda

A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona organiza unha saída ó Aquapark de Cerceda

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, dentro da programación de verán para este ano, organiza unha saída ao parque acuático de Cerceda, para o vindeiro sábado 19 de xullo de 2008.

O parque acuático situado na provincia da Coruña, ofrece unha alternativa de lecer para tódalas idades, xa que as súas instalacións contan con piscina infantil e de chapuzo para os máis pequenos, e con tobogáns, aquatubo aberto e pechado, piscina de ondas, Kamicace e multipistas para os máis maiores.

O autobús sairá dende o parque da Palma (entrada ao parador) ás 9:00 da mañá e a hora de regreso aproximada é ás 21 horas.

O prezo da actividade é de 10,14 ou 16 € dependendo da idade dos participantes, e inclúe o desprazamento, a entrada ao recinto e os monitores que acompañarán ao grupo.

As inscricións realizaranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIC), ou no teléfono 986.38.59.25.