Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Os socilistas denuncia a situación de abandono e perigo dunha obra paralizada en Sabarís

Os socilistas denuncia a situación de abandono e perigo dunha obra paralizada en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
O portavoz dos socialistas de Baiona, Arturo Pereira, menifestou a súa profunda preocupación pola situación de total abandono en que se atopa unha obra situada na rotonda de acceso á autoestrada en Sabarís da que soamente tense executado o desterre.  O solar atópase a ceo aberto e asulagado e a profundidade con respecto ao nivel freático do mar.

O PSOE considera que a execución do desterre e posterior abandono da obra polo promotor, deu lugar a que as beirarrúas se atopen totalmente esnaquizadas e manteñan unha situación de perigosidade manifesta para os viandantes, co risco ata de derrube da calzada. 

Arturo Pereira considera que o goberno municipal, a pesar do tempo transcorrido, non tomou medida algunha para correxir a situación en que se atopan as beirarrúas e o valado de seguridade da obra.

 Unha situación manifesta, que en palabras do portavoz dos socialistas, "vén mostrar unha vez máis a incompetencia do Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno na xestión do municipio, mantendo ao noso pobo nunha situación de total abandono nesta e outras materias que a nosa agrupación vén denunciando. "

O PSOE de Baiona esixiu que se tomen "de forma inmediata" as medidas necesarias para correxir a situación a fin de evitar lamentar danos por  un accidente indesexado.