Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Turismo incrementa o número de visitas guiadas polo Casco Histórico de Baiona na época estival

Turismo incrementa o número de visitas guiadas polo Casco Histórico de Baiona na época estival

Correo-e Imprimir PDF
Turismo de Baiona continúa ofertando a todo o que o desexe, as visitas guiadas gratuítas ó seu Conxunto Histórico e Artístico. Durante aproximadamente 2 horas, un guía turístico especializado, mostrará o noso patrimonio histórico a turistas, visitantes e residentes. Esta iniciativa se puxo en marcha en Semana Santa, e se foi desenrolando cada 15 días, con gran aceptación.

O pasado día 28 de xuño realizaráronse algunhas destas visitas e a partir deste mes de xullo, o concello conta que  se farán con maior frecuencia.

As visitas están previstas durante a primeira quincena de xullo os seguintes días: 2, 5, 9 e 12, ás 11:00 horas.

A partir do 15 de xullo realizaránse os martes, xoves e sábados. Os martes e sábados, o horario das visitas será ás 11:00 horas e os xoves se realizarán ás 19:00 horas. O punto de encontro será a Oficina Municipal de Turismo, sita no Paseo Ribeira. Se percorrerán os puntos máis emblemáticos da nosa Vila baionesa, para rematar na Réplica da Carabela Pinta. Non será necesaria a inscrición previa.