Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona El PSOE denuncia que el PXOM de Baiona utiliza la explotación urbanística como criterio

El PSOE denuncia que el PXOM de Baiona utiliza la explotación urbanística como criterio

Correo-e Imprimir PDF
O PSdeG-PSOE de Baiona aboga por unha formulación seria e meditado que defina a Baiona que se quere desenvolver de aquí a 15 anos, fundamentado o plan nun modelo de crecemento equilibrado e sostenible. Por desgraza para Baiona, a premisa do Alcalde e o seu equipo de goberno para a redacción do PXOM é a explotación do maior número de metros cadrados de territorio. No referente ao chan urbanizado o documento presentado suscita un modelo de desenvolvemento baseado nun continuo de chan urbanizado. Destaca o delimitado polo parque da Virxe da Roca polo Sur, a autopista e vía rápida polo Leste e o río Miñor polo Norte, fundamentalmente, de carácter urbano.

O PSdeG-PSOE de Baiona atópase preocupado pola gran extensión de chan urbano establecida no plan, sen unha adecuada planificación das necesidades dos veciños e ata con importantes dúbidas sobre se a cualificación dalgúns terreos definidos como chan urbano cumpren as esixencias da Lei 9/2002.

Adicionalmente, e en relación co chan definido como urbanizable nuevamente destacan as grandes extensións de chan incluídas, máis de 550.000 m2 de superficie construible residencial entre chan delimitado e non delimitado.

Con relación ao chan cualificado como rural, o crecemento proposto no plan é desmesurado, con núcleos de expansión que nalgúns casos teñen unha extensión catro veces maior que o consolidado. Adicionalmente, o crecemento proposto é confuso e, nalgúns casos, dana a identidade dos núcleos.