Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O PSOE de Baiona esixe o adecentamento e humanización do entorno da futura gardería

O PSOE de Baiona esixe o adecentamento e humanización do entorno da futura gardería

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O PSOE considera que dende o goberno municipal non se toma ninguna medida para dar solución ó problema e piden o adecentamento do entorno da gardería municipal. O secretario xeral, Arturo Pereira, denuncia que a tres meses da entrada en funcionamento da citada gardería, as obras seguen sen rematarse e todo o seu entorno atópase "igual de abandoado que o estivo sempre." Pereira manifestou que apesares das reiteradas quixas veciñais a situación da rúa Tomás Mirabell é de total deterioro e abandono.

O PSOE critica ao concello o descuido na prestación doutros servizos descoidando as necesidades normais dos veciños referentes ás beirarúas, a proliferación de silveiras e o mal estado dos camiños públicos a causa dos lameiros provocados polas choivas.

O PSOE eleva o seu tono de alarma advertindo que "todo isto xa é grave de por sí, pero que ocurra na zona onde se pretende instalar a primeira gardería pública do concello resulta moito máis alarmante."

A gardería leva catro anos en marcha.

Pereira non descuidou en recordar que o proxecto da gardería "foi iniciado polo PSdeG-PSOE de Baiona no tempo en que se tivo a alcaldía, fai disto xa catro anos e pola ineficacia, deixadez e falla de capacidade de xestión dos gobernos posteriores do Sr. Almuiña, a día de hoxe as obras continúan sen rematarse e non se ven intencións de telas rematadas para o mes de Septembro, mes para o cal, dende o concello, se lles di os interesados que estará en funcionamento."