Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Estrasburgo advirte ao Goberno que o cura de Baredo sufriu indefensión

Estrasburgo advirte ao Goberno que o cura de Baredo sufriu indefensión

Correo-e Imprimir PDF
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo comunicou onte ao avogado do cura de Baredo a resolución pola que declara que Edelmiro Rial sufriu indefensión ante o sistema xurídico español. Neste sentido, critica que o Tribunal Constitucional non admitise o seu recurso de amparo, o que impediu que a sentenza fose revisada por un segundo xulgado.

O ditame de Estrasburgo non é vinculante nin obriga á Xustiza española a executalo, pero supón un apoio de carácter «moral» para a defensa do relixioso. Con esta resolución na man, o avogado Miguel Ángel Cocero presentará dentro duns días un recurso de revisión do xuízo ante o Tribunal Supremo.

A súa pretensión é que esta sala revogue a condena e deduza testemuño de acusación falsa contra unha testemuña e tres das cinco vítimas menores de idade, de quen sospeita que incriminaron maliciosamente a Rial, «que sería vítima dunha trama», subliña. Ademais, reclamará que o Estado indemnice ao recluso polos cinco anos que leva en prisión.

Continúa na Voz de Galicia