Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O PSOE de Baiona denuncia o recorte no servizo de recollida do lixo.

O PSOE de Baiona denuncia o recorte no servizo de recollida do lixo.

Correo-e Imprimir PDF
Os socialistas de Baiona denuncian de novo o recorte no servizo de recollida do lixo nas parroquias de Baiona. Afirman que dende a chegada ao poder do goberno do popular Jesús Almuiña veñen realizándose de forma progresiva un recorte nos servizos que reciben os cidadáns residentes na vila.

O PSOE asegura que durante o seu mandato limpábanse e baldeábanse diariamente todas as rúas do casco urbano, mantendo limpos e en bo estado os contenedores do lixo. Así mesmo recordan as labores de limpeza que se realizaban para manter en bo estadoos camiños e viais nas parroquias.

O PSOE de Baiona segue apostando porque a vila sexa referente no norte peninsular como Vila de destino turístico e á súa vez convértase nunha localidade residencial atractiva para os xa residentes e para todos aquelas persoas que poidan ter a intención de afincarse como veciños do pobo.

Segundo Arturo Pereira, "esta aposta pasa, evidentemente, por manter de forma adecuada os servizos municipais, cuxo bo ou mal funcionamento establece a imaxe que queda dun pobo. É evidente que a política que esta levando a cabo o P.P., co recorte sistemático dos servizos e unha xestión inadecuada e ineficaz dos existentes nos esta conducindo a todo o contrario e con iso á perdida de expectativas de futuro."