Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Dous mariñeiros de Baiona entre os secuestrados polos piratas somalís.

Dous mariñeiros de Baiona entre os secuestrados polos piratas somalís.

Correo-e Imprimir PDF
Daniel, fillo do mariñeiro baionés Ángel Fernández
Dous mariñeiros e veciños de Baiona, Ángel Fernández contramaestre, e Amadeo Álvarez patrón forman parte da tripulación do "playa de Bakio" secuestrada en Somalia por piratas. Angel Fernánde, veciño do Burgo, é un experto na pesca de atún, xa que leva 30 anos enrolado. O seu fillo Daniel Fernández explicou a Faro de Vigo que "leva trinta anos no atún e nunca nos comentou que tivese medo ou de que a zona fose tan perigosa como parece que se demostra agora", "Sabiamos que a donde ían a pescar era un lugar conflictivo, pero el nunca se mostrou excesivamente preocupado por iso e nunca nos imaxinamos que isto puidese suceder", agregou.

O atuneiro Praia de Bakio atópase xa fondeado fronte ás costas somalíes segundo confirmou esta mañá un tripulante vasco nunha conversación telefónica cun familiar. Segundo a esposa do capitán do barco en declaracións a RNE, os tripulantes descenderon.

Continúa no Faro de Vigo