Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O PSOE Baiona considera insuficientes as cantidades aprobadas para subvencionar a

O PSOE Baiona considera insuficientes as cantidades aprobadas para subvencionar a

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE de Baiona considera insuficientes as cantidades aprobadas para subvencionar as actividades sociais, culturais, medio ambientais, de promoción da igualdade de oportunidades e deportivas e actuacións musicais do ano 2008. Segundo denuncian os socialistas de Baiona, "este ano non só non foi incrementada a cantidade destinada á subvención, que non varía dende o ano 2005, senón que incluso se rebaixou pasando de 24.000 a 21.000 Euros, é dicir, 3.000 Euros menos."

En palabras da concelleira Laura Míguez, o "Goberno non valora a labor tan importante que desenrolan as diferentes asociacións, que veñen na maioría dos casos a substituír a falta de iniciativas do equipo de goberno. Se non fora polos Centros Culturais e as asociacións existentes o seu abeiro. A oferta cultural, sobre todo nas parroquias, sería inexistente."

En canto ás cantidades que se darán de subvención para os grupos musicais, bandas de música, etc., o PSOE baionés considera que son "humillantes", xa que para conseguir esta cantidade están obrigados a actuar gratis para o concello, sobre todo se se compara con calquera actuación dunha orquestra no torreiro da Palma durante as festas locais

O PSOE considera que esta rebaixa na cantidade a subvencionar, "é un desprezo ás asociacións, que deberán deixar de lado algunhas actividades ou proxectos, xa que hai que ter en conta que para garantir a calidade das actividades  é necesaria a compra dun material que supón un gran esforzo económico para as asociacións."