Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona celebra hoxe un pleno extraordinario para aprobación do orzamento.

Baiona celebra hoxe un pleno extraordinario para aprobación do orzamento.

Correo-e Imprimir PDF

O balance de ingresos e gastos sitúase neste exercicio en 8.600.000 euros e contan cuns investimentos reais de 769.694 euros. As contas deste ano aumentan en 1,4 millóns de euros respecto ao ano pasado, a pesar da suspensión de licenzas urbanísticas pola tramitación do Plan Xeral, aínda que está prevista a petición dun crédito de 350.000 euros para afrontar investimentos.  O PSOE de Baiona denuncia que o goberno local só lle deixou dous días de marxe para o estudo do novo orzamento.

O orzamento de este ano aumenta en 1,4 millóns de euros respecto ao ano pasado, cunha petición dun crédito de 350.000 euros para afrontar investimentos. A concellaría de Benestar Social contará cunha partida de 430.000 euros.

Os orzamentos deste a creación de 13 novas prazas e un aumento de 20 euros ao mes para os operarios de Vías e Obras e Iluminación Pública e tamén se incrementa o complemento de destino da policía local.

A partida detinada este ano para Turismo ascende a 133.900 euros.  

O PSOE de Baiona denuncia a rapidez da tramitación.

Os socialistas de Baiona denuncian que tiveron só dous días de marxe para o estudo do orzamento.

O PSOE asegura nunha nota de prensa, que o pasado sábado 8 de marzo foron convocados a unha comisión informativa para o día 11 de marzo para tratar os contidos do próximo pleno extraordinario a celebrarse o 15 de marzo. Deste de xeito  modo o bipartito tan só lle deixa o PSdeG-PSOE de Baiona dous días de marxe para o estudio do orzamento.

O PSdeG-PSOE de Baiona aseguran que é "plenamente consciente da importancia do documento e, así mesmo, da necesidade de dispor de tempo dabondo para estudalo con rigor co obxectivo de realizar, nas condicións axeitadas, a labor de oposición para a que unha parte importante do pobo de Baiona lle deu a súa confianza."

A Agrupación Socialista de Baiona denuncia "os modos antidemocráticos e a falla de respecto que está a amosalo bipartito cara o principal partido da oposición e por conseguinte a xente que representa."

Así mesmo o PSdeG-PSOE de Baiona lamenta que "os chamamentos ao consenso que o alcalde Almuiña fixo durante a presentación pública do PXOM en menos de tres meses tórnense nunha falla de respecto constante e división que coidamos non é o que precisa o pobo de Baiona."