Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Perece ao precipitarse co seu coche por un cantil de quince metros en Baiona

Perece ao precipitarse co seu coche por un cantil de quince metros en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O espectacular sinistro ocorreu ao redor das 8.30 horas cando, por causas que se descoñecen, o vehículo conducido por J.V.A.M., de 39 anos de idade, saíuse da vía e caeu por un cantil duns quince metros de altura. O coche, un Opel Corsa, circulaba pola PO-552 en sentido a Baiona cando se produciu o sinistro.

Ver video TVG

 

O coche, un Opel Corsa, circulaba pola PO-552 en sentido a Baiona cando se produciu o sinistro. 

O condutor puido perder o control do vehículo, que, tras esa primeira saída de vía, cruzou a calzada, saíu despedido por unha empalizada e precipitouse ao baleiro caendo boca abaixo sobre as rochas.