Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O concello de Baiona publica as actas plenarias na súa web

O concello de Baiona publica as actas plenarias na súa web

Correo-e Imprimir PDF
Así o anuncia o blog de opinión de Baiona sobre o rogo realizado pola concelleira do Bloque, Ana Rodríguez de que se facilitanse as actas dos plenos aos cidadáns. A prostesta xurdía polo mal horario que teñen os plenos en Baiona, que sendo ao medio día, impiden que moitos veciños e veciñas poidan coñecer de primeira man o que acontece nos plenos.

O alcalde de Baiona accedeu a publicar as actas do pleno en formato e electrónico para que non poidan ser modifricadas. 

As actas pódense conusltar na sección da web de Baiona denominada “Actas e acordos

 

Extracto de Pleno Ordinario do 4 de Octubro:

ROGOS DO BNG.

SRA.RODRIGUEZ:
- No Pleno anterior fixen o ROGO de que as actas dos Plenos poderían estar informatizadas nun CD, e a Secretaría me contestou que non, que as actas tiñan que ir firmadas, entón o responsable local do meu partido meteulle por escrito tamén, solicitoulle, e decirlle que o Concello de Oia, por exemplo, na sua paxina web ten tódalas actas do Pleno, entón ¿pódese ou non se pode?.

SRA.SECRETARIA.- Para dar publicidad a las actas se pueden poner en la página web, pero nosotros en CD no las facilitamos por cuestión de la firma; también se publican en el tablón para que la gente las pueda ver; podríamos colgarlas en la página web a nivel de publicidad.

SRA.RODRIGUEZ: O ROGO é si se poderían pór as actas na paxina web do Concello.

SR.ALCALDE.- Si, o único aclarar que non se poden modificar. Non se pode traballar con ese texto.