Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG de Baiona publica na súa web os documentos do PEPCHAB

O BNG de Baiona publica na súa web os documentos do PEPCHAB

Correo-e Imprimir PDF
Foto A.M. A Voz de Galicia
O BNG de Baiona ven de comunicar a publicación da documentación referida ao estudo previo do  Plan Especial de Conservación do Casco Histórico de Baiona (PEPCHAB) para que poida ser consultada por todos os cidadáns.

O BNG de Baiona comezou a empregar a rede logo das pasadas Eleccións Municipais, creendo na necesidade de ofrecer un medio alternativo para difundir as actuacións do grupo municipal no concello.

A publicación da web está ligada tamén á publicación mensual dun boletín informativo, que tamén está dispoñible na súa web-

A primeiros de ano esta actividade de difusión veráse reforzada pola presentación dun espazo web de seu, cumprindo así un obxectivo de difusión informativa que se marcou desde o Consello Local do BNG en Baiona.

 

Para consultar a documentación é necesario acceder dende o seguinte enlace.
Ligazón á web do BNG de Baiona