Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Comezan as obras para aumentar en 70 metros o peirao de Baiona

Comezan as obras para aumentar en 70 metros o peirao de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Peirao de Baiona. Mercés moralejo
Portos de Galicia iniciou xa as obras para a ampliación do porto pesqueiro de Baiona. A execución do proxecto comeza co dragado da area do fondo, para a cal a empresa construtora deixou xa instaladas barreiras flotantes para impedir que a ría se ensucie ao remover os sedimentos que están depositados.

A actuación conta cun orzamento de 2,6 millóns de euros e o prazo de execución é de doce meses. A Confraría A Anunciada ve cumprido así unha demanda pola que levaban loitando case unha década. Os mariñeiros comezaron a reclamar máis espazo dentro da bahía cando foi aprobada a construción do segundo porto deportivo.

Contininúa na Voz de Galicia