Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona 200 € de axuda para mercar un odenador portátil

200 € de axuda para mercar un odenador portátil

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Educación do Concello de Baiona publica as bases para a solicitude de axudas para estudantes, bolsa de alugueiro e axuda para a compra de ordenador portatil que convoca a Xunta de Galicia.

 

Os interesados ou interesadas poderán informarse para solicitar as axudas para o alumnado de formación profesional de grao medio en ensinanzas non vocacionais.

Así mesmo a concellería de Cultura informou sobre a posibildiade de solicitar o bono de axuda de vivenda en aluguer para os mozos e mozas estudiantes de ciclos formativos.

A Consellería de Vivenda e Solo puxo en marcha esta nova liña de axuda, denominada bono-vivenda, cuxa finalidade é conceder unha axuda para financiar os gastos derivados do alugueiro da vivenda por parte de estudantes de ciclos formativos da formación profesional inicial.

Poderán solicitar este bono-vivenda os estudantes que durante o curso académico 2007-2008 cursen ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial en centros públicos e que teñan que desprazarse desde o seu domicilio familiar ao centro de ensino máis de 60 quilómetros.

A concellería que dirixe Rosa Ana Marcote tamén ofrece información para a solicitude da bolsa de 200€ para mercar un ordenador portátil para estudantes universitarios.