Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Festividade de San Cosme e San Damián en Baiona. Noces e mel

Festividade de San Cosme e San Damián en Baiona. Noces e mel

Correo-e Imprimir PDF
S. Cosme e S. Damián
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona ultima os preparativos da tradicional Romaría de San Cosme e San Damián que terá lugar na nosa vila o vindeiro martes 25 e mércores 26 de setembro (Festa Local en Baiona), máis coñecida popularmente como a Festa do mel e das noces.

Nestes días oficiaranse actos relixiosos na honra dos Santos e como obriga a tradición, algúns romeiros ofrecen ós Santos en agradecemento polos favores recibidos, productos do campo, figuras de cera e donativos.

Durante dous días montarase na Praza de Santa Liberata un mercadiño onde se poderán comprar todo tipo de productos do campo así como mel, noces, froita, embutidos, artesanía, etc.

Programa de actividades da Romaría de San Cosme

Martes 25

  • 10:00 h. Bombas de palenque.
  • 20:00 h. Misa na Igrexa parroquial.
  • 20:45 h. Actuación do grupo musical Nievla de Marín, na praza de Santa Liberata.

 

Mércores 26

  • 08:00 e 09;00 h. Misas na Capela de Santa Liberata.
  • 10:00 11:00 e 12:15 h. Misa na Igrexa parroquial.
  • 10:00 h. Bombas de palenque.
  • 11:30 h. Procesión na Honra de San Cosme e San Damián polas rúas principais de Baiona ata a Excolexiata onde terá lugar ás 12:15 a Misa Solemne.
  • 13:15 h. Actuación da Charanga Chunda-Chunda de Ourense na praza se Santa Liberata.
  • 18;00 h. Misa na Igrexa Parroquial.
  • 19:00 h. Pasarrúas a cargo da agrupación folclórica Airiños da Lagoa de Baiña polo recinto da Romaría.
  • 20;00 h. Misa na Igrexa Parroquial.
  • 20:45 h. Actuación da agrupación folclórica Airiños da Lagoa de Baiña na praza de Santa Liberata.