Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Novos verquidos en Baiona

Novos verquidos en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Ampliar imaxeSegundo publica o diario do periodista miñorán Aljandro Martinez, a bahía de Baiona volveu sufrir outro catastrófico verquido de augas fecais no paseo de Elduayen. O chorro do emisario sorprendeu aos presentes viandantes e ao patrón maior de Baiona, Suso, que xa anunciaron que se o concello non toma medidas taponarán os emisarios do porto o que podería provocar a saidas do verquido directamente polas alcantarillas das rúas principais.

I é que o asunto ten un cariz moi negro, tan negro como o das súas augas. Baiona leva evitando a deficiencia do seu servizo de recollida de residuos e de depuración de augas moitos anos, ata o punto de ser un contra-reclamo publicitario para a vila turística e unha bomba contra o susten dos traballadores que agoran se atopan en paro por mor do alto nivel de coliformes que presenta toda a ría, incluído o estiro do Miñor.

Varias veces comentouse por este medio, o pestilente cheiro que presentan as rúas de Baiona en plena actividade estival. Os bidóns de lixo cheo de pingos das comidas, peixe e marisco enxurran a pedra do chan do interior do casco vello. Sumado ao quencemento dos meses de xullo e a gosto, aquilo convértese nun suplicio, para o visitante que quere coñecer o casco vello de Baiona.
Unha imaxe lamentable que xa vimos denunciando dende fai tempo e que parece que o concello segue facendo caso omiso.
O mesmo ocorre co servizo de recollida de resíduos urbáns, tanto nas parroquias como no centro da vila. Contenedores vellos, rotos e xusos son foco insalubirdade e pestilencia, cocéndose ao sol e desbordados de bolsas de lixo que impiden que o contenedor quede tapado. (os que teñen tapa) facendo unha merenda para os gatos, gaivotas e ratas que rondan estes "puntos limpos". Isto sumado á falta de contedores de reciclaxe nun mesmo punto, converten en totalmente deficitario o servizo municipal.  En zonas como viso de Calvos, as esquinas da basura convértense en "esquinas da vergonza" polo aspecto que presentan e pola inoperancia municipal para atallar o problema.


Máis información e fotografías sobre o verquido en Baiona http://alejandromartinez.blog.com/1721632/