Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Caravana en defensa do litoral da Ría de Vigo

Caravana en defensa do litoral da Ría de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
A Voz de Galicia
Fonte - A Voz
Convocados por once plataformas e colectivos ecoloxistas, máis de duascentas persoas percorreron nunha caravana de coches e bicicletas a costa dá ría de Vigo para denunciar as agresións que sofre ou litoral con urbanizacións, recheos, novos peiraos, portos deportivos e depuradoras que non funcionan axeitadamente. Participaron un cento de vehículos e unha ducia de ciclistas, que marcharon custodiados pola Garda Civil excepto non paso por Vigo, onde esperaban a presenza dá Policía Local que finalmente non se presentou, o que ocasionou a perda de parte dous participantes, que se reagruparon posteriormente non camiño cara a Redondela. Perto dás tres dá tarde, a caravana chegou a Massó, onde a esperaba con gaitas e viño unha representación do Foro Social pola Defensa do Pobo, un dos colectivos convocantes, que fai hoxe 14 meses que leva paralizando as obras do porto deportivo que promove Marina Atlántica.

Os manifestantes quixeron deixar constancia con este percorrido dá existencia de 15 «puntos negros especialmente daniños» ao longo dá costa.

As obras ou proxectos que denuncian son as urbanizacións de Monteferro, A Laxe (Vigo), O Real, Concepción Arenal e O Ramil (Moaña) e O Salgueirón (Cangas); as depuradoras de Lagares, Bouzas, Redondela, Arcade, Vilaboa, Moaña e Cangas; vos portos deportivos de Canido, A Lagoa, Moaña e Massó; a ampliación do porto de cruceiros de Vigo, a ampliación do peirao de Rodas, nas Cíes; e vos recheos de Bouzas, Chapela, Rande e Massó.

Comunicado lido en Cangas.



Compañeiras e compañeiros:

A Ría de Vigo está a soportar permanentes agresións ó seu equilibrio ecolóxico, e son moitos os proxectos que a ameazan. Proxectos tan tolos como a ampliación do recheo de Bouzas , a do porto de cruceiros de Vigo, un oleoducto no estreito de Rande, ou o porto deportivo, con urbanización adosada, que querían facer neste mesmo lugar.

En cambio, as instalacións máis elementais e necesarias permanecen no abandono: ningunha das depuradoras de augas residuais das vilas que acabamos de percorrer, funciona con normalidade: nin en Cangas, nin en Moaña, Vilaboa, Arcade, Redondela, Teis ou Nigrán. Por non falar da de Vigo. Moitas industrias, carentes dun sistema de tratamento de residuos propio, verten directamente nestas augas toneladas de contaminantes.

Por outra banda os continuos recheos e os novos portos deportivos, cos seus espigóns de protección, mudan as correntes, danando ou destruíndo hábitats mariños e entorpecendo a renovación das augas da Ría, que é a súa forma de depuración natural.

Todo este conxunto de despropósitos está a poñer en grave risco ós recursos pesqueiros e marisqueiros deste Mar de Vigo, dos que viven 15.000 familias, e que sempre foron, e deben seguir sendo, unha das nosas maiores riquezas. Non é ciencia ficción nin alarmismo dicir que, máis pronto que tarde, os niveis de contaminación poden chegar a superar en moitos lugares o permitido para a comercialización en fresco dos productos.

Hai que lembrar que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, impuxo unha multa de 20 millóns de euros á Xunta de Galicia a finais do 2005, pola mala calidade das augas da Ría de Vigo. Esta multa ven darnos a razón ós colectivos cidadáns, que levamos moitos anos denunciando ante as nosas autoridades públicas, a súa política de consentimento a todo o que empresas poderosas solicitan
* * *
A Ría foi sempre, para os que vivimos nela, un ser con vida propia, protagonista de moitas facetas das nosas propias vidas. Tamén é unha paisaxe, a paisaxe da infancia, o primeiro universo por nós coñecido, gravada no máis fondo de nós e convertida en paisaxe interior de cada un e cada unha.

Pero para outros é só un escenario de negocios, un teatro para a especulación. Velaí páxinas enteiras de propaganda, pagadas cos nosos cartos, campañas electorais de candidatos e candidatas corruptas.

O desmesurado crecemento das instalacións portuarias (que en moitos casos disfrazan operacións claramente especulativas alleas ás necesidades do porto como tal) non parece ter fin.

Toda a costa está sementada de industrias e almacéns en primeira liña do mar (cando non sobre un recheo) cuxa actividade non xustifica esa ubicación. Estas empresas deberían trasladarse a un polígono industrial, evitando a contaminación e deixando espacio libre para as actividades estrictamente portuarias nuns casos, e para o disfrute e lecer da cidadanía noutros.

Lonxe disto, moitas empresas privadas, coa complicidade da Autoridade Portuaria, ven nestas augas solo barato para ampliar as súas instalacións mediante novos aterramentos.

Só hai que recordar que miles de metros cadrados do monstruoso recheo de Bouzas, que queren ampliar, están ocupados por actividades tan alleas ó porto como as oficinas da Zona Franca de Vigo, ou o depósito de coches de Citroën.

Para completar o triste cadro non podemos esquecer o desorde urbanístico, froito da cultura do ladrillo que nos asola. Se hai uns anos tivemos que enfrontarnos a unha terrible marea negra, hoxe temos diante unha abominable marea gris, de cemento e de especulación, que, desde Monteferro ata o Salgueirón, nos infecta a todos.

Pero tamén temos hoxe, a pesar de todo, motivos para a esperanza. Celebramos, con certo retraso, un ano de resistencia dos compañeiros e compañeiras de Cangas, que están evitando coa súa presencia aquí día tras día, a desfeita que outros proxectaron para este Salgueirón que xa ocupa un lugar senlleiro na historia dos que defenden á terra.

Recibide pois a nosa homenaxe, a nosa admiración e solidariedade. Gracias a vos, aínda hai vida nas augas do Salgueirón.
E dentro de non moito tempo, estamos seguros, volveremos aquí nun día radiante, para celebrar con vós a vosa victoria, para seguir xuntos dicindo: Cangas non se vende, O Salgueirón segue vivo, non pasarán.

Por eso, desde este lugar emblemático, queremos lanzar un fío de esperanza e resistencia a todos os reductos do litoral galego ameazado, para xuntos e firmes defender o noso patrimonio irrenunciable: a paisaxe, a vida e a identidade do noso pais, do noso planeta.

Cangas, 2 de Decembro de 2006