Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG convoca unha manifestación en protesta pola xestión das inundacións

O BNG convoca unha manifestación en protesta pola xestión das inundacións

Correo-e Imprimir PDF
A plataforma de afectados, o PP e PSOE rexeitan a manifestación

O BNG  trala asamblea mantida cos veciños da parroquia de Sabarís o ´sabado pasado e por unamimidade acordaron convocar unha manifestación o vindeiro mércores día 6 de decembro as 17,00 baixo o lema "SABARÍS QUER SOLUCIÓNS AS INUNDACIÓNS".

A manifestación quere reivindicar: a ampliación do prazo de recollida das solicitudes de subencións, ampliación das ordes subvencionando a reconstrucións dos muros de peches, ampliacións das ordes subvencionando os vehículos siniestrados, dimensionar adecuadamente as canles de evacuación das augas do barrio do Punxido e a limpeza das súas gaveas xa que a Deputación esta sustituíndo as tuberías de 400mm por outras de 430mm claramente insuficientes, eliminar o extrangulamento do río Groba ocasionado pola erosión da auga nas raíces dos amieros xa que unha semán despois de que a forza das augas arrancara as raíces  seguen no leito do río, pondo en perigo as edificacións e obstaculizando a escorrentía das augas.
Así mesmo reivindican unha  solución inmediata as inundacións dos camiños do Cementerio,Toxal, Monxas, Pouquena e Punxido así como permeabilizar a estrada do litoral evitando así o efecto dique , que en caso de enchenta encore a auga , agrabando deste xeito os seus efectos debastadores.
O BNG solicita ao goberno local  abandoe a súa postura partidista e victimista e afronte as obras sinaladas, e no seu caso as que non sexan da súa competencia , esixa as administracións públicas correspondentes a súa inmediata execución.

A manifestación quedou convocada para o mércores 6 de decembro as 17,00 e partirá dende a Praza Victoria Cadaval e discurrirá pola rua Porta do Sol, Camiño das Monxas Estrada do Litoral rematando na Rotonda que da acceso a rúa Alcalde Pereira. 

 Fonte - Faro de vigo
O goberno local e o PSOE rexeitan a manifestación
A convocatoria do BNG non contará co respaldo de ningún outro grupo político. O goberno municipal considera "precipitada e sen motivos" a protesta. O propio alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, afirmaba onte que a manifestación "carece de sentido porque estamos esperando respostas. Hai que darlle unha marxe ás administracións para que resolvan vos problemas". O seu socio de goberno, o independente Manuel Vilar, tamén considera "inoportuna" a protesta porque "está en marcha un proceso de negociación coa Xunta".
Pola súa banda, o portavoz do PSOE, Carlos da Pena, insistiu en que as obras están iniciadas. "Todo ou mundo cumpre co prometido. É ou momento de traballar, non de protestar", afirma o socialista. 

Plataforma de afectados
A plataforma de afectados polas riadas de Sabarís tampouco mostra o seu respaldo á convocatoria por proceder dun partido político. No entanto, moitos dos seus membros si acudirán para reclamar máis axudas e obras.