Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG baionés convocará unha protesta se non se resolven as inundacións nunha

O BNG baionés convocará unha protesta se non se resolven as inundacións nunha

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - Faro de Vigo
A executiva local do BNG de Baiona organizará unha manifestación no caso de que nunha semana non se resolvan as inundacións en Sabarís ou non se publiquen as ordes da Consellería de Presidencia para que os afectados comecen a cobrar indemnizacións. O responsable local do partido e o portavoz do grupo municipal, Roberto Valverde e Xosé Enrique Fernández, respectivamente, advertiron así onte ao goberno municipal e ao Executivo galego. 

Fernández critica os traballos que leva a cabo o concello, que instala unha bomba de achique nas leiras situadas tralo mercado con tuberías de 500 milímetros de diámetro para desviar a auga ao río. O nacionalista considera "insuficiente" a medida, "xa que ou tubo que se empregou nestes últimos días era de 400 milímetros e non daba abasto". Continúa en http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2828&pIdSeccion=3&pIdNoticia=102738&rand=1164865694695