Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona habilita unha conta corrente para axudar ós veciños de Sa

O Concello de Baiona habilita unha conta corrente para axudar ós veciños de Sa

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona habilita unha conta corrente para aquelas persoas que queiran contribuír cunha apartación económica destinada a paliar os danos que sufriron os veciños de Sabarís na riada do pasado domingo 22 de outubro de 2006. O número de conta é o 2080 0015 79 0040022137 de CAIXANOVA.

Así mesmo, o Concello de Baiona súmase á organización da mostra de pinturas que será exposta na Capitanía Marítima de Baiona a partir do vindeiro venres 3 ata o 19 de novembro coa finalidade tamén de paliar na medida do posible os efectos causados polas inundacións na parroquia de Sabarís.

Esta iniciativa arrancou da man da pintora Conchi Cuadrado que mobilizou o gremio artístico para que doaran os seus cadros e sensibilizou a pintores da talla de Xavier Lemos, Remedios Priegue, Pablo Alejos, Javier Iglesias, Fino Lorenzo, Xosé Luís Becerra, Basilio Calzado, Francisco Vieitez, Cabaleiro López, Ánxela Zacarías, Margot Peral, Lodeiro,Puri del Palacio, Lourdes López, Antonio Heredero, Mariola Heredero, Xan do Rego Santín, ela mesma e tamén cóntase coa doazón dunha maqueta dun barco do artista Santiago Vaz Otero.

O éxito da convocatoria foi tal que o claustro da Universidade de Belas Artes de Pontevedra decidiu doar unha serie de pezas e a Facultade de San Fernando en Madrid, estará presente na mostra gracias a aportación de algunhas pinturas.

A inauguración da exposición terá lugar o vindeiro venres 3 de novembro ás 21:00h na Sala da Capitanía Marítima de Baiona, e nela estarán presentes autoridades do municipio de Baiona e do Val Miñor.