Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Centenares de quilos de alimentos podrecidos provocan a alarma en Sabarís

Centenares de quilos de alimentos podrecidos provocan a alarma en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Foto: Gustavo Rivas - La Voz de Galicia
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Fonte - La Voz de Galicia
«Estamos nunha nube, non damos asumido que todo se fora a pique en dous minutos». Con estas palabras resumiu o seu estado de ánimo Modesta, a propietaria dun establecemento comercial de Sabarís que a riada arrasou o domingo, pero tamén o sentir de centos de veciños deste barrio.
Catro días despois, a situación está lonxe de normalizarse. De feito, onte enfrontábanse a un novo problema. Centos de quilos de produtos perecedoiros amontoándose e podrecéndose no comercio baixo as capas de lodo, ante a impotencia dos propietarios que non se atrevían a limpar «porque aínda non veu o perito do consorcio de seguros». Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5225438&idioma=galego