Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Concellería de Igualdade de Xénero, inaugura hoxe a exposición : "Seneca Fal

Concellería de Igualdade de Xénero, inaugura hoxe a exposición : "Seneca Fal

Correo-e Imprimir PDF

Fonte - Baiona.org
No acto de inauguración, Rosa Ricoy Casas, licenciada en dereito e investigadora da Universidade de Vigo, impartirá un tratado sobre o tema da exposición .

A exposición foi cedida pola Consellería de Presidencia do Principado de Asturias e polo instituto asturiano da Muller

Este ano cúmprese o 75 aniversario da consecución do voto feminino por parte da muller en España, e con esta actividade organizada dende o Centro de Información á Muller quérese dar a coñecer o camiño , non sempre fácil que tanto as españolas como as cidadáns do resto de países tiveron que percorrer para chegar a adquirir o dereito ó sufraxio e recoñecer a historia das mulleres , a loita polos seus dereitos , as súas apartacións .

A mostra recolle un breve repaso pola historia do movemento feminista dende a Convención que se celebrou na localidade de Seneca Falls en Nueva York en 1848 ata o feminismo dos últimos anos

A exposición estará aberta ó público os venres, sábados, domingos e festivos en horario de 17:30 a 20:30 ata o domingo 28 de maio . A mostra será ademáis visitada polo alumnado de centros educativos municipais