Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Nova pista de skate en Baiona

Nova pista de skate en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Pulsa aqui para ver la imagen a tamaño completo ==============
Por Kike Pereira
O pasado sábado día 29 tivo lugar en Baiona un evento de carácter multidisciplinar dedicado ás mozas con motivo da inauguración da nova pista de skate.
Devandita pista (ubicada xunto ao campo de fútbol do Aral) atraeu por unhas horas a atención de paseantes, curiosos e amantes do monopatín, graffiti, breakdance e hip hop, que continuarían a festa ata altas horas no Marrucho. Comezamos así a breve crónica do primeiro encontro de skaters no noso val.
10 da mañá: cargados cun boa cantidade de latas (nome que se lle dá aos botes de pintura en spray) chegamos a Baiona, onde estaban xa a xente da Concellería de Deportes e Actividades Marítimas e Factor Ulises (ambos encargados da realización e coordinación de todo o evento). Banderolas, bandeiras e música rap reinaron xa desde primeira hora e un gran muro blanqueado, como acordaramos anteriormente, pedía a berros que comezásemos a trazar a estrutura do que sería o primeiro graffiti legal en Baiona.

Chegan as 12 e mentres vai chegando parte do persoal convocado (grazas á xente de Crema e Pontevedra por baixarse a estrear esta nova pista) comezan os actos oficiais da man de Miguel (concellal de deporte) e o alcalde Jesús Vázquez Almunia cun breve e elogiador discurso. O público foi chegando e entre aplauso e aplauso os patinadores se plancharon complexos trucos como 360-flips, swichflips e hardflips moi moi altos (manobras moi espectaculares e de nivel alto).
Comentar achega que a pista, que aínda sendo pequena en canto a dimensiónes, está moi ben para iniciarse no mundo do patín e que esta é a primeira fase segundo (coméntase) do que será un skatepark de maiores dimensións e único na zona do Val Miñor.

Tras este pequeno apunte pasamos a comentar as actuacións dos grupos invitados: A Flor e Nata (grupo de local de Baiona que saltou case de xeito improvisado a este, o seu primeiro concerto) abriron con bo pié e crearon o ambiente que cabía esperar; mentres tanto, os skaters seguían rodando na pista e nós (Proxecto Cor) dándolle á pintura.
Os breakers, (bailarines callejeros) compoñentes dos Black Shadows estiveron  dando un bo espectáculo sobre o sintasol colocado nun lateral da pista.

O seguinte en subir ao estrado foi o Puto Coke (www.elputocoke.com  ) Rap de Coia traído desde Gondomar. Este mozo rapero , ex componente da Familia e con varios discos ás súas costas ofreceunos un breve pero agradable concerto cargado de letras acedas e impecable estilo.

Tras esta actuación concluíu o acto de inauguración de The corner, que esperemos que reuna, como o leva facendo dende que se creou a unha boa cantidade de rapaces aos que o fútbol, baloncesto ou o tenis élles indiferente en maior ou menor medida e que actos deste tipo, e similares aos que se levan facendo en Vigo dende fai uns anos (véase o Marisquito) sigan mantendo o espírito novo e transgresor deste deporte moitas veces mal visto polos ollos dos nosos maiores.