Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona contará nun mes coa súa primeira contenerización soterrada

Baiona contará nun mes coa súa primeira contenerización soterrada

Correo-e Imprimir PDF

A vindeira semana comezarán as obras da contenerización soterrada, e o lugar elixido será o entorno da praza de Santa Liberata. O Concello de Baiona disporá da súa primeira illa de colectores soterrados grazas a un acordo firmado fai meses entre o alcalde Jesús Vázquez Almuiña e o Conselleiro de medio ambiente, sendo este departamento o que correrá coa financiación da actuación, que ascende a 58.038 € .

Con esta iniciativa se pretende reducir notablemente o impacto visual e estético dos recipientes actuais.
Dos seis colectores, 4 contarán con recipientes para residuos orgánicos, 1 para vidro e outro para cartón, que por un sistema hidráulico elevará os mesmos á superficie.
O concelleiro de medio ambiente, Angel Rodal, informa que con ditas illas se conseguirá elimina-los malos olores que desprenden os restos orgánicos, así como una mellora estética importante, algo que os cidadas valorarán.
Ase mesmo Rodal pretende por en marcha unha serie de campañas para a redución, separación, reciclaxe e compostaxe pois actualmente a taxa de produción de residuos urbanos no termo municipal de Baiona é dun kilo por habitante e día.

Esta primeira actuación con este tipo de instalación, se pretende que se amplíe en breve a outros puntos, para ser respectuosos co entorno e minimizar o impacto visual.