Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Recreación da primeira escola fundada en Baiona na Festa da Arribada

Recreación da primeira escola fundada en Baiona na Festa da Arribada

Correo-e Imprimir PDF

Dentro das novidades que este ano ofrecerá a Festa da Arribada, figura a reprodución ó aire libre da primeira escola fundada en Baiona en 1.785. Para elo, a Concellería de Cultura, investigou minuciosamente as súas características no Arquivo Histórico de Pontevedra, onde se conserva o documento íntegro da súa fundación, e nas Actas municipais do Concello, onde figuran diferentes acordos sobre a creación da mesma.

 

Coa creación desta primeira escola, a Concellería de Cultura quere ofrecer, dentro da Arribada, unha merecida homenaxe a dous indíxenas baioneses, Manuel Valverde, ciruxano da familia Real del Rei Carlos III, e Lorenzo da Carreira, emigrante en América, que con cento dezanove mil reais de vellón, crearon a obra pía encargada da construción e mantemento da primeira escola de Baiona “ para instruír ós nenos e nenas na doutrina cristián e o Santo temor de Deus, ensinándolles a ler, escribir e contar para que con este principio salgan útiles ó servizo de Deus e do Rei”.

A escola, que estará presidida pola imaxe da patroa Santa Liberata, contará entre outros útiles, con bancos separados para nenos e nenas, un bufete con dous caixóns e unha cadeira na que poida sentarse o mestre, e un arca das tres chaves, tal como figura nos documentos fundacionais.