Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A corporación aproba as bases do futuro aparcadoiro do Aral

A corporación aproba as bases do futuro aparcadoiro do Aral

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A voz de Galicia
A corporación municipal de Baiona aprobou onte con os votos do equipo de goberno e do BNG o prego de condicións para a adxudicación da construción e explotación dun aparcadoiro público baixo o campo de fútbol do Aral-Fontiñas.

O grupo municipal do PSDEG-PSOE votou en contra da proposta ao considerala pouco meditada e con importantes defectos de forma. Por outra banda, cren que é un «despilfarro» situar un campo de fútbol de herba artificial na superficie,  un espazo valiosísimo que podería destinarse a proxectos máis interesantes para os veciños de Baiona», expresou Luís Carlos de la Peña durante o pleno. Os socialistas suscitaron a posibilidade de facer un gran centro de lecer no Aral que sirva para dinamizar o concello. Esta formulación motivou a crítica do portavoz de Coalición Miñorana, Manuel Vilar, que acusou ao PSOE de cometer un «fraude electoral» ao non prever esta iniciativa no seu programa político e non ter en conta a sensibilidade dos antigos propietarios que no seu día cederon os terreos para uso público.

Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=4502315