Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Xornada empresarial dirixida os propietarios de empresas familiares

Xornada empresarial dirixida os propietarios de empresas familiares

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Traballo do Concello de Baiona vai organizar unha xornada empresarial dirixida os propietarios de empresas familiares, emprendedores/as e interesados/as en xeral sobre a problemática derivada da sucesión empresarial, así como as vantaxes que teñen para a empresa e a familia acometer con garantías un adecuado relevo xeracional.

Nesta conferencia “Eu non vendín. Non o fagades vos. Empresa familiar e sucesión” expertos consultores con ampla experiencia xurídica e fiscal na empresa familiar, abordarán a problemática da sucesión empresarial e propoñerán as solucións como pilares básicos para a consecución do seu obxectivo: o éxito empresarial e a familia unida.

A xornada estrutúrase en dúas ponencias de aproximadamente 45 minutos cada unha; realizándose un debate-coloquio ónde os/as asistentes poderán formular aquelas cuestións que sexan do seu interese

A xornada vai a desenvolverse no Edificio de Capitanía Marítima de Baiona (situado na rúa Elduayen nº 21) o vindeiro día 9 de febreiro situado ás 19:00 horas.