Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O alcalde de Baiona firma un convenio co presidente da Comunidade de Montes de B

O alcalde de Baiona firma un convenio co presidente da Comunidade de Montes de B

Correo-e Imprimir PDF
Fonte Baiona.org

Esta maña o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña firmou co Presidente da Comunidade de Montes en mano común de Baiña, D. Antonio Mijón Alvarez, o contrato de aluguer do terreo propiedade desta comunidade, finca Chan da Cruz, sita na parroquia de Baíña e que figura inscrita no Rexistro da Propiedade nº 4 de Vigo (Tomo nº 1.553, Libro nº 153, Folio nº 25, finca nº 11.301, Inscrición 1ª), para a instalación dun PUNTO LIMPO a construír pola Consellería de Medio Ambiente.

Á firma asistiron tamén o Concelleiro de Medio Ambiente, Ángel Rodal e membros da Directiva da Comunidade de Montes de Baíña.

O punto limpo suporá un recinto no que os veciños poderán depositar directamente os residuos que non son obxecto da recollida nos domicilios o que polas súas características no deben mesturarse co resto de lixo. Con elo, pretendese favorece-la reciclaxe, evitar vertidos incontrolados e separar residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio.

No punto limpo se deberán depositar, por exemplo, metais, madeira, aceites usados, disolventes ou mobles. Polo contrario, non se poderá deixar alí nin materia orgánica, nin residuos industriais de grandes e medianas empresas, nin tampouco residuos radioactivos. 

Deste xeito, o Concello de Baiona, en sesión plenaria celebrada o día 17 de marzo de 2005, adoptou o acordo de aprobar un contrato de cesión dun terreo de 2.000 m2, que dispuxera de auga e luz, coa COMUNIDADE DE MONTES DE BAÍÑA, por un prazo de 25 anos, así como formalizar tal acordo neste contrato de cesión de uso.

Pola súa parte o Concello de Baiona, abonará en 2.006 á Comunidade de Montes de Baíña, a cantidade de 9.000 €, I.V.A. incluído, unha vez recibida a factura e que se fixo efectivo neste acto mediante talón bancario.

Así mesmo, cada uno dos anos seguintes abonará a cantidade de 3.600 €, IVA incluído, incrementándose esta cantidade a partir do segundo ano de vixencia do contrato, no IPC do período correspondente ó mes no que se firme o contrato de cesión de uno do terreo, cantidade que será pagada no primeiro trimestre de cada ano.

Ademais no citado convenio, se reflexa que si nalgún momento decida aprobarse unha taxa pola utilización do punto limpo, os veciños da Parroquia de Baíña, estarán exentos de dita taxa, estando obrigadas unicamente as empresas que se ubiquen en dita parroquia.

Finalmente, no caso de que o terreo non cumprise os requisitos da Consellería de Medio Ambiente, a propiedade se obriga a reintegra-lo importe recibido en concepto de aluguer do ano 2006.