Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Concelleria de Xuventude do Concello de Baiona organiza un ano máis unha viax

A Concelleria de Xuventude do Concello de Baiona organiza un ano máis unha viax

Correo-e Imprimir PDF

Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, se organiza un ano máis unha viaxe a Andorra, para practicar o deporte do ski. 
A saída desta viaxe será o día 28 de xaneiro e o regreso será o día 4 de febreiro, durante esa semana se esquiara de luns a venres con dúas horas de clase diaria. 
O aloxamento será na cidade de Andorra, onde os participantes poderán disfrutar das numerosas tendas e centros comerciais, de ocio e compras.

A viaxe ten un custe de 385€ (inclúe todo menos o aluguer do material, que dependerá da actividade que realice).

Para máis información dirixirse a Concellería de Xuventude, que esta no Concello ou ben chamar ao 986 385 050

Especial Semana Blanca

  • Saída / Regreso: 28 de xaneiro / 4 de Febreiro
     
  • Características da viaxe
    • Prezo 385 €
    • Aloxamento no Hotel Cassany***
      (situado en plena área comercial)
    • Estación Soldeu
    • Saída dende Vigo (rectorado, no Arenal)
      sábado 28 ás 22h.
  • Paquete que se ofrece
    • Transporte en autobús
    • Traslados diarios a pistas
    • 5 noites de hotel
    • Aloxamento en habitacións dobres, triples ou cuádruples
    • Cursos de dúas horas diarias
    • 5 almorzos en pistas
    • 5 días de forfait
    • seguros de viaxe
    • Asistencia dun guía
  • Ademáis
    • Aluguer material de esquí 19 €
    • Aluguer de Show 59 €
    • Seguro de cancelación 6 €
    • Asistencia a caldea o mércores 1 de febreiro (2 horas ) 18 €