Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en América Directivos do Club de Bolos Valle Miñor de Montevideo visitan #Nigrán.

Directivos do Club de Bolos Valle Miñor de Montevideo visitan #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
bolos-val-minhor-montevideo

Fundado en 1947 e con 450 socios é a entidade máis numerosa en Uruguai despois do Centro Galego
O alcalde de Nigrán, Juan González, e a tenente de Alcalde, Raquel Giráldez, recibiron hoxe no concello a unha representación do Club Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor en Montevideo composta polo seu subsecretario, Román Gómez (acompañado polo seu irmá Benjamín) e Ricardo Alonso, ex-presidente. A entidade, fundada por emigrantes galegos da comarca en 1947, é con 450 socios a que máis emigrantes reúne despóis do Centro Galego. Nela desenrólanse diferentes actividades, entre as que destacan os bolos celtas (deporte levado a Uruguai polos emigrantes miñoranos e que segue unindo as dúas ribeiras), baile galego, gaitas...

"O Concello quere honrar o traballo de toda esta xente que emigrou fora en busca dun futuro mellor e que nunca se esqueceu de Galicia, enviando cartos para as súas familias ou facendo obras sociais nas súa terra de orixe", sinalou González antes de entregarlle a Román Gómez o libro de honra do Concello para asinar e facerlle entrega dunha placa conmemorativa, a insignia de Nigrán e dous libros de fotografía sobre a emigración de Pontevedra a Sudamérica e sobre a nosa comarca.

"Estou moi emocionado e moi agradecido de ser recibido polo meu alcalde e de que desde Nigrán se recoñeza o noso traballo", dixo Román Gómez, que emigrou dende a parroquia de Camos hai 62 anos cando contaba con so 17. Agora vén veranear sempre que pode. "Tardei en voltar 25 anos, pero agora que podo o fago cada ano. De Galicia boto de menos todo: a familia, os amigos, a comida...", explica. Sen embargo, Ricardo Alonso, ex-presidente, pasou 42 anos en Montevideo e finalmente regresou a Donas (parroquia de orixe) xunto cos seus fillos que, debido á actual crise, víronse obrigados a emigrar a centroeuropa.