VM.info abre unha sección específica para dar cobertura ás novas dos centros do Val Miñor en ultramar, especialmente para Bos Aires e Uruguai.
Era unha débeda histórica que mantíñamos, en especial co Cículo Val Miñor de Bos Aires, que esperamos poder promocionar e divulgar dado o esforzo que realizan dende case un século mantendo vivo o nome do Val Miñor na emigración.