Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas

Cartas ao director

Unha de duas

Correo-e Imprimir PDF
Ou en Baiona hai tradicionalmente un problema coa xestión dos nosos residuos ou é que os “Conscientes de Baiona” están especialmente sensibilizados co tema. Podemos falar de moitas cousas e tentar incluso meter cizaña para despertar as ganas de inserir un comentario, pero non hai tema que máis debate xenere que o tema dos lixos.

Axenda 21 Local , Utopia?

Correo-e Imprimir PDF

A Axenda 21 Local ven de instalarse en dous dos concellos do Val Miñor, Gondomar e Nigrán. Despois de 20 de implantación da Axenda 21 Local como un xeito de acadar unha estratéxia de desenvolvemento sostible, en moitos comunidades de paises de todo o mundo, resulta chamativo que ainda agora, con certa sorpresa, se empece a falar destas cuestións no Val Miñor e mesmo sexan tildadas de “utopía”. O diccionario define utopía como “sistema ou proxecto irrealizable, concepción imaxinaria”.

Por quen teñen as campás

Correo-e Imprimir PDF
As campás da Igrexa de Santa Cristina seica trouxeron problemas polo seu tañido nocturno. Co ensoñador artigo do bo de Iglesias Viqueira no Faro de Vigo, titulado “El reloj también duerme“, digno de lectura e reflexión, podemos saber  que algún veciño se queixou ao noso Alcalde do molesto que era escoitar 24 badaladas ás 12 da noite, polo que sen falta o señor Almuiña intercambiou opinións co párraco de Santa Cristina e éste procedeu a eliminalas.

UNIÓN PENOSA (bis)

Correo-e Imprimir PDF

A finais de novembro escribín a seguinte carta ao director de Faro de Vigo:

"Non é de estrañar que os gobernos latinoamericanos estean fartos de Unión-Fenosa e de outras empresas -españolas ou non- da mesma pelaxe. Se neste país noso, e concretamente no Val Miñor, a distribución de enerxía eléctrica é tan deficiente que os electrodomésticos non funcionan, o router do ADSL non recibe a potencia necesaria para a conexión a internet, as lámparas parecen velas para os mortos,... se isto é así na Europa industrial e das finanzas, que non farán en Nicaragua, ou en Bolivia ou no Perú?

Capital das Rías Baixas

Correo-e Imprimir PDF
No Parador, terá lugar un foro de análise do turismo nas Rías Baixas. Como non podía ser doutra forma, tiña que ser en Baiona. Estamos recoñecidos como a capital turística das Rías Baixas, a pesares de que Sanxenxo nos ten gañado pola mán cun turismo máis agresivo co entorno e copiando o modelo mediterráneo. Non podemos deixar en mans de catro supostos expertos do turismo o futuro do noso concello e semella que hai quen é consciente do feito e non permitirá que o modelo mediterráneo se exporte a Baiona.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL